jueves, 10 de diciembre de 2015

ACTIVIDADE9



ACTIVIDADE9.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.
Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

(0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede.
(0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede.
(0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede.
(1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.

Módems:
Os módems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña analóxica ou dixital. A palabra módem provén dos termos Modular-DEModular e a súa misión consiste en converter o sinal dixital do computador en analóxica e viceversa.
En función da tecnoloxía utilizada para transmitir a información distínguense varios tipos:
  • Módem ADSL. Utiliza o fío de cobre dunha liña telefónica para transmisión de datos de alta velocidade. Esta tecnoloxía denomínase asimétrica debido a que a capacidade de descarga (desde a rede ata o usuario) e a capacidade de subida de datos (en sentido inverso) non coinciden. A tecnoloxía que se emprega, ADSL2, ADSL+2 Ou VDSL, proporciona gran ancho de banda que permite integrar na mesma liña de voz, datos, vídeo e televisión de alta calidade, polo que é unha das máis utilizadas.




  • Cable módem. Deseñado para modular o sinal de datos sobre unha infraestrutura de conexión por cable. Utilízase xeralmente para acceder a servizos de televisión por cable, adicionalmente, proporcionan acceso a Internet de banda ancha.


  • Módem USB. Utiliza a banda ancha móbil para obter Internet en calquera lugar e momento, sempre que se dispoña de cobertura. Ofrece diferentes velocidades en función do tipo de de conexión, GPRS, 3G ou 4G. Os teléfonos intelixentes pódense configurar como módem co que conectar outros dispositivos inalámbricamente.

Router:
Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes redes informáticas, seleccionando a ruta de comunicación máis adecuada para o envío de datos. A maioría de routers tamén inclúen un módemn coa tecnoloxía adecuada para conexión a Internet.

Dispositivo PLC:
A tecnoloxía PLC (Power Line Communications) utiliza a liña eléctrica convencional para a transmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar á dun módem, aínda que neste caso utilízanse a rede eléctrica para a transmisión de datos. O seu iso permite, entre outras cousas, o acceso a Internet mediante banda ancha, a transmisión de vídeo de alta definición e o uso de telefonía IP.




Cableado de rede
O cable é uns dous medios de conexión utilizado nas redes para transmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:
Cable coaxial. Está formado por un fío condutor central, protexido das corrente eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ao que se usa para a antena de televisión, anque actualmente está en desuso.
Cableado de par trenzado. Está constituído por catro pares fíos. Cada par está entrelazado para diminuír a interferencia eléctrica e evitar que se acoplela sinal entre os pares. Dentro deste cableado distínguense os seguintes:
UTP. É un cable non apantallado. É de baixo custo pero sensible a interferencias, polo que produce máis erros que outros cables. 
 STP. É un cable apantallado, é dicir, ten unha malla metálica ao redor do cableque protéxeo das interferencias electromagnéticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario