jueves, 10 de diciembre de 2015

ACTIVIDADE7


ACTIVIDADE7.PDF 

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.
Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes: 
Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á figura 27 da páxina 44 do libro. 
Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria). 
Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede. 

DISCO DURO:
Un disco duro é un dispositivo magnético utilizado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apilados nun mesmo eixo que vira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escritura que len e escriben nas dúas caras do disco.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos:IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertiginosamente, pasando do primeiro disco duro de 5MB, que pesaba unha tonelada, aos discos actuais de varios TB cun tamaño algo maior que un teléfono móbil.
Estrutura dun disco magnético:
Nun disco magnético diferéncianse: 
Caras: superficies superior e inferior de cada disco. 
Pistas: círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco. 
Sectores: divisións que se fan en cada pista. 
Cilindros: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras. Este utilízase nos discos duros, posto que neles hai varios con pistas en ambas as caras. 



MEMORIA FLASH:

A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos, porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa gran capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu prezo alcanzable, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego. Iso si, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar información nela.
Os tipos de memorias flash máis empregadas son: 

  • Memorias USB. Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao computador a través do porto USB en quente, é dicir, aínda que estea aceso. Xeralmente, non hai que instalar ningún software nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo recoñéceas automaticamente. 
 
  • Tarxetas de memoria. Son soportes de almacenamento utilizados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que se adoitan conectar ao computador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a súa información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, Mini SD, MicroSD, NanoSD, Compact Flash, Memory Stick, xD,MMc, etc. 

UNIDADE DE ESTADO SÓLIDO:
Unha unidade de estado sólido ou SSD (Solid State Driver) é un dispositivo de almacenamiento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario