jueves, 24 de septiembre de 2015

A miña música preferida

Entre os estilos musicais que máis me gustan están o house, techno e electrónica.
O house é un estilo de música electrónica que se orixinou na cidade de Chicago, Estados Unidos, ao comezo dos anos 1980. É un xénero electrónico cuxas principais influencias están no electro, synthpop, hi-NRG, electrónica,.... Aínda que tamén está influenciado polas variantes soul e funk da música disco.
O techno é un xénero musical que xurdiu en Detroit, Estados Unidos, ao igual que o house na década dos 80.  A orixe do techno atópase na fusión de certas correntes de música europea, basadas no uso experimental do sintetizador engadindo a influencia dunha estética e temática futurista.
Considérase como música electrónica á música elaborada por máquinas electrónicas concibidas para crear sons.
Algúns exemplos de artistas de música house son Avicci, Afrojkack, David Guetta, Bob Sinclair e Armin Van Buuren. Os cales participan en festivais de grande prestixio como Tomorrowland, Ultra Music Festival (UMF),...ç