Presentación en Open Office Impress
- Actividade 3 páxina 82. Máquinas virtuais Virtual Box e VMWare. Hai
que buscar información na rede, en calquera páxina agás en Wikipedia.
- Seguindo as indicacións das páxinas 229-245, fai unha presentación
en Open Office Impress de 10 diapositivas, 5 para cada máquina virtual.
Ademáis unha primeira diapositiva adicional debe incluir nome do
alumno, nome do traballo, curso, data e o nome IES Val do Tea. Tamén
debe aparecer o tema musical empregado e o nome do grupo que o toca.
- A presentación debe incluir:
- 10 transicións distintas entre as 11 diapositivas. A presentación
debe avanzar soa, seleccionando "Avanzar diapositiva automáticamente"
durante o tempo necesario para poder visualizala.
- Un tema musical de música galega non tradicional. Debe soar durante
toda a presentación. Para que sexa así hai que inserilo na primeira
transición e marcar a casiña "Repetir ata o seguinte son". Podes buscar
música na seguinte ligazón e descargala a mp3 de Youtube dende aquí.
- Unha UNICA ligazón a algún sitio web onde se fale das máquinas virtuais (de unha delas é suficiente).
- Un UNICO vídeo onde se fale das máquinas virtuais (de unha delas é
suficiente). Duración aprox. 2 minutos. Para descargalo de Youtube con
Mozilla podes empregar DownloadHelper dispoñible aquí.
- En cada diapositiva debe haber texto e algunha imaxe (excepto na diapositiva na que hai vídeo, nese caso non debe ir imaxe).
- En cada diapositiva debe haber unha UNICA animación no texto ou na
imaxe. Todas as animacións deben ser distintas. Para que a presentación
avance soa nas animacións hai que seleccionar "Avanzar despois do
anterior" no efecto seleccionado.
- O formato de texto,tamaño de letra e cores empregadas é libre, pero debe existir proporción entre imaxes e texto.
- Crea un cartafol en Google Sites co nome "Máquinas virtuais" para
subir a presentación (o nome do arquivo será "Máquinas
virtuais"+nome+1ºapelido+curso), o vídeo e a música. O cartafol debe
permitir o acceso só ó alumno e á profesora (mediante o meu email) para
editar. En caso que o tamaño do arquivo non permita subilo a Google
Sites podes empregar Dropbox.
- Crea unha entrada no teu blog co título "Máquinas virtuais" e dentro
dela inclúe un texto con ligazón a o cartafol de Google Sites onde
deben estar a presentación, o vídeo e a música.
MáquinasVirtuaisGoogleSites
No hay comentarios:
Publicar un comentario